Foto: Tino Viz

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario 715
Clasificación Genérica Numismática; Obxectos de actividades económicas
Objeto/Documento Moeda
Nombre Específico AE 2
Emisor/a Magno Máximo
Materia/Soporte Bronce
Técnica Cuñaxe a martelo
Dimensiones Módulo = 23 mm; Peso = 6,16 gr
Características Técnicas Posición de cuños: 5 h
Descripción Anverso: DN. MAG. MAXI-MVS P.F.AVG
Busto do emperador con coiraza e coroa de perlas á dereita.
Reverso: REPARATIO REI PVB
Figura do emperador de pé con traxe militar, estante, mirando á esquerda, con Vitoria de pé na man esquerda e levantando coa dereita unha figura feminina que estaba axeonllada ante el. No exergo: PCON.
Magno era un usurpador de orixe hispana, aclamado Augusto polas lexións de Britania en xullo de 383, que pasou logo a dominar as Galias, Hispania e África tras derrotar a Graciano, facendo de Trier a súa capital. Invadiu Italia en 387 expulsando de Ravena a Valentiniano II, pero foi derrotado por Teodosio en Siscia, onde foi feito prisioneiro e conducido a Aquilea, onde foi asasinado en xullo de 388. A marca da ceca no exergo, PCON, refírese á cidade gala de Arlés (Arelate), na Gallia Narbonensis; as letras CON fan referencia ó seu novo nome de Constantino, que tomou en honor de Constantino o Grande en 328 d. C.; o P fai referencia ó número de oficina da ceca que cuñou esta moeda, neste caso a Primeira.
A moeda, aínda a falta da súa contextualización precisa, estaría a evidenciar a existencia dun asentamento romano minimamente consolidado, reforzando así a presenza doutros restos arqueolóxicos que poderían datar o seu nacemento cando menos a mediados do s. I d.C., despregando unha certa actividade ata época baixoimperial. Dun xeito tradicional, pero sen demasiado fundamento científico, vense identificando este asentamento coa mansio Asseconia, emprazada no percorrido da vía XIX do Itinerario de Antonino Pío que uniría Bracara Augusta con Locus Augusti pasando por Tude e Iria Flavia, enclave este último co que estaría moi relacionado. A delimitación deste asentamento é moi insegura se ben parece que ocuparía a ladeira SW do outeiro desfigurado posteriormente pola implantación da cidade medieval. Fóra deste asentamento segundo as normas da época, situaríase a necrópole e o mausoleo do Apóstolo.
Datación 383-388
Contexto Cultural/Estilo Baixo Imperio [Romana]
Lugar de Producción/Ceca Arlés (Bocas do Ródano, Provenza-Alpes-Costa Azul) [ceca de Arelate]
Uso/función Unidade de conta, medida de valor e medio de pagamento
Lugar de Procedencia Santiago de Compostela
Lugar Específico/Yacimiento Azabachería, 29
Historia del Objeto Foi entregada ao doante por unha persoa que a atopou no decurso de traballos levados a cabo neste soar á marxe de calquera actividade arqueolóxica, no mesmo soar onde en 1987 efectuáronse traballos arqueolóxicos pola administración autonómica.
<EXPOSICIÓNS>: Un museo en crecemento. Adquisicións 1996-2001 Museo das Peregrinacións e de Santiago. 17 de decembro de 2001 ao 5 de maio de 2002.
Clasificación Razonada Roman Imperial Coinage, tomo IX, p. 68, ARE. 26b. CAYÓN, tomo IV, p. 2819, o n.º 16 (maiorina).
Bibliografía FRANCISCO OLMOS, José María de; NOVOA PORTELA, Feliciano. Catálogo de numismática do Museo das Peregrinacións e de Santiago. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, 2009. pp.36-37 (cat. nº 21).

PÉREZ OUTEIRIÑO, Bieito. Moeda (AES II) do Emperador Magno Máximo. Un museo en crecemento: Museo das Peregrinacións, adquisicións 1996-2001: exposición conmemorativa do 50 aniversario da creación do museo, coordinación Mª Isabel Pesquera Vaquero. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, 2001. pp. 106-107.
Forma de Ingreso Asignación por doazón
Fecha de Ingreso 1996[ca]
Catalogación Gigirey Liste, Esperanza
| más imágenes |

Foto: Tino Viz

Foto: Tino Viz

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6